|
|
BREVE HISTORIA DE CARBOEIRO |
|
O MONACATO NA IDADE MEDIA
|
No Reino de Galicia os primeiros mosteiros fundáronse ao comezo da Idade Media, xa en época sueva (s. V e VI). Nos seus inicios estaban moi ligados aos señores locais, isto é, a nobres con gran poder e influencia nos dominios que gobernaban. Ao longo de toda a Idade Media os reis tentaron contar co apoio dos mosteiros para mitigar o poder dos nobres que lle eran contrarios. A partir do s. XI os mosteiros forman unha rede de poder autónoma.
|
|
FUNDACIÓN DE CARBOEIRO (S. X)
|
Os condes de Deza, Tareixa Eiriz e Gonzalo Betótez, fundaron Carboeiro cara ao ano 936. Pouco despois consagrouse a súa igrexa coa presenza do bispo Ero de Lugo e o abade Rosendo de Celanova. O mosteiro, baixo a protección real, recibe doazóns e realiza compras.
Carboeiro construíuse nunha península formada por un meandro do río Deza. |
|
|
Acaroada á igrexa de Ansemil está a capela funeraria dos Deza, onde está sepultado un descendente dos condes. |
ÉPOCA DE ESPLENDOR (S. XI-XIII)
|
A plena Idade Media, entre os séculos XI e XIII, foi a época de esplendor da sociedade feudal galega e europea.
A reforma bieita impulsada dende Clunny chega a Galicia durante o s. XI, reforzando o papel económico e político do monacato. |
|
|
|
|
|
|
A comunidade monástica de Carboeiro aumenta, recibe numerosas doazóns privadas, afora terras e inmobles e efectúa compras. As súas propiedades salpican Galicia.
Afonso VII, Fernando II e Afonso IX outorgan e reafirman privilexios e realizan importantes doazóns ao mosteiro. |
|
|
|
No interior da igrexa conservamos a inscrición fundacional do novo templo. |
|
|
|
O poder acadado polo mosteiro neste momento plásmase na arquitectura e na arte. Durante a primeira metade do s. XII refórmase a casa monacal e no ano 1171, baixo a dirección do abade Fernando, iníciase a construción da igrexa románica que podemos ver actualmente.
Cruz de Carboeiro, s. XII. Museo da Catedral de Santiago. |
|
|
|
A igrexa de Carboeiro presenta numerosas influencias da catedral de Santiago. Entre elas destaca o uso das novas bóvedas de cruzaría ensaiadas en Compostela e a decoración da portada principal que representa aos Anciáns músicos da Apocalipse, como no Pórtico da Gloria. |
DECADENCIA (S. XIV-XIX)
A partir do s. XIV o mosteiro entra en crise. As doazóns e compras diminúen notablemente e as propiedades monacais padecen ataques e depredacións por parte dos nobres. Nin sequera a protección real pode frear o proceso. |
|
|
No ano 1499, como resultado da reorganización de centros relixiosos promovida polos Reis Católicos, Carboeiro perde a autonomía e anexiónase ao mosteiro compostelán de San Martiño Pinario, transformándose en priorado. |
|
|
|
Durante a Idade Moderna, a estrutura do claustro e das dependencias monacais transfórmase para dar resposta as novas necesidades do priorado, dirixidas principalmente ás labores agrícolas e a xestión de rendas. |
|
|
Poucas noticias documentais conservamos de Carboeiro durante os tres séculos seguintes á parte dalgunha reforma do edificio, o reconto de fregueses ou de rendas recadadas. |
ABANDONO DE CARBOEIRO (S. XIX E XX)
|
A igrexa de Carboeiro cara ao 1910. Fondo Blanco-Cicerón, Museo do Pobo Galego. |
|
|
Coa Desamortización de Mendizábal de 1836, a casa prioral e varias terras do seu redor saen a poxa pública, mentres que a igrexa pasa a mans do bispado de Lugo. O conxunto monacal queda exposto ao espolio e o abandono. |
A RECUPERACIÓN DO MONUMENTO (S. XX E XXI)
|
Imaxe durante os traballos de recuperación da igrexa de Carboeiro (VÁZQUEZ, A.: Carboeiro. El arte que renace de sus cenizas, Concello de Silleda, 2001). |
|
Carboeiro entra no s. XX nun grave estado de ruína. Personaxes relacionados coa cultura galega tentan impulsar a recuperación do monumento. Antonio López Ferreiro escribe O niño das Pombas (1905), novela histórica que ten Carboeiro como escenario. Álvaro Cunqueiro reitera en numerosas ocasións a importancia e a necesidade de frear o seu deterioro. |
|
|
Nos anos 70 do s. XX fanse as primeiras actuacións co obxectivo de limpar e consolidar o mosteiro. En 1989 o Concello de Silleda merca a casa monacal e os terreos do redor. Finalmente, entre 1990 e 2009 o Concello e a Xunta de Galicia realizan as labores de rehabilitación integral de conxunto monacal. |
|
Carboeiro foi declarado Monumento Histórico-Artístico no ano 1931. Actualmente é BIC (Ben de Interese Cultural), máxima figura de protección do patrimonio histórico. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|