Skip to content Skip to footer
QUE FACEMOS

Inspiramos a descubrir e vivir a historia medieval

O noso obxectivo é achegar a todo o mundo o valor do noso patrimonio, explicando e contextualizando o monumento dun xeito ameno, rigoroso e didáctico.

O Mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro é unha ferramenta excepcional para divulgar a historia medieval de Galicia. A súa boa conservación, a recente rehabilitación e a ampla investigación existente permiten que calquera persoa poida achegarse á Idade Media dun modo directo e significativo.

  • Un edificio medieval en excelente estado de conservación.
  • Un monumento estudado a fondo pola comunidade investigadora.
  • Un espazo no que é posible sentir o patrimonio de preto.
mosteiro-de-carboeiro-2- (8)

O Mosteiro de Carboeiro invita a mergullarse na súa arquitectura, na súa historia e no seu contorno natural. Queremos que cada visita sexa unha experiencia cultural accesible, inspiradora e aberta a todos os públicos.

Explorar Carboeiro é entrar en contacto directo coa Idade Media galega e descubrir un patrimonio vivo que segue a contar historias.

a BENVIDA AO MOSTEIRO

Un espazo aberto para coñecer, comprender e gozar

o-mosteiro-de-carboeiro-1- (17)