Descubre o Mosteiro de Carboeiro
01
O monacato na idade media
No Reino de Galicia os primeiros mosteiros fundáronse ao comezo da Idade Media, xa en época sueva (s. V e VI). Nos seus inicios estaban moi ligados aos señores locais, isto é, a nobres con gran poder e influencia nos dominios que gobernaban. Ao longo de toda a Idade Media os reis tentaron contar co apoio dos mosteiros para mitigar o poder dos nobres que lle eran contrarios. A partir do s. XI os mosteiros forman unha rede de poder autónoma.

02
Fundación de Carboeiro (S. X)
Os condes de Deza, Tareixa Eiriz e Gonzalo Betótez, fundaron Carboeiro cara ao ano 936. Pouco despois consagrouse a súa igrexa coa presenza do bispo Ero de Lugo e o abade Rosendo de Celanova. O mosteiro, baixo a protección real, recibe doazóns e realiza compras.
Carboeiro construíuse nunha península formada por un meandro do río Deza.

03
Época de esplendor (S. XI - XIII)
A plena Idade Media, entre os séculos XI e XIII, foi a época de esplendor da sociedade feudal galega e europea.
A reforma bieita impulsada dende Clunny chega a Galicia durante o s. XI, reforzando o papel económico e político do monacato.
A comunidade monástica de Carboeiro aumenta, recibe numerosas doazóns privadas, afora terras e inmobles e efectúa compras. As súas propiedades salpican Galicia.
Afonso VII, Fernando II e Afonso IX outorgan e reafirman privilexios e realizan importantes doazóns ao mosteiro.
O poder acadado polo mosteiro neste momento plásmase na arquitectura e na arte. Durante a primeira metade do s. XII refórmase a casa monacal e comeza a construción da igrexa románica que podemos ver actualmente.
A igrexa de Carboeiro presenta numerosas influencias da catedral de Santiago. Entre elas destaca o uso das novas bóvedas de cruzaría ensaiadas en Compostela e a decoración da portada principal que representa aos Anciáns músicos da Apocalipse, como no Pórtico da Gloria.

04
Decadencia (S. XIV - XIX)
A partir do s. XIV o mosteiro entra en crise. As doazóns e compras diminúen notablemente e as propiedades monacais padecen ataques e depredacións por parte dos nobres. Nin sequera a protección real pode frear o proceso.
No ano 1499, como resultado da reorganización de centros relixiosos promovida polos Reis Católicos, Carboeiro perde a autonomía e anexiónase ao mosteiro compostelán de San Martiño Pinario, transformándose en priorado.
Poucas noticias documentais conservamos de Carboeiro durante os tres séculos seguintes á parte dalgunha reforma do edificio, o reconto de fregueses ou de rendas recadadas.

05
Abandono de Carboeiro (S. XIX - XX)
Coa Desamortización de Mendizábal de 1836, a casa prioral e varias terras do seu redor saen a poxa pública, mentres que a igrexa pasa a mans do bispado de Lugo. O conxunto monacal queda exposto ao espolio e o abandono.

06
Abandono de Carboeiro (S. XIX - XX)
Carboeiro entra no s. XX nun grave estado de ruína. Personaxes relacionados coa cultura galega tentan impulsar a recuperación do monumento. Antonio López Ferreiro escribe O niño das Pombas (1905), novela histórica que ten Carboeiro como escenario. Álvaro Cunqueiro reitera en numerosas ocasións a importancia e a necesidade de frear o seu deterioro.
Nos anos 70 do s. XX fanse as primeiras actuacións co obxectivo de limpar e consolidar o mosteiro. En 1989 o Concello de Silleda merca a casa monacal e os terreos do redor. Finalmente, entre 1990 e 2009 o Concello e a Xunta de Galicia realizan as labores de rehabilitación integral de conxunto monacal.
Carboeiro foi declarado Monumento Histórico-Artístico no ano 1931. Actualmente é BIC (Ben de Interese Cultural), máxima figura de protección do patrimonio histórico.

Plano do Mosteiro
A Contorna
Outros Lugares Próximos a Carboeiro