
Visita guiada polo mosteiro
Descubriremos como era Carboeiro e como vivían os monxes na Idade Media.

Traballo de investigación
Resolveremos o caderno didáctico mediante a observación, a dedución e outros procedementos.

Obradoiro de arquitectura
Pescudaremos como se construíu Carboeiro e os fundamentos da arquitectura medieval. Empregaremos maquetas, planos e outros materiais.